Friday 17 de May de 2024

O luns abre o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Surf


O luns abre o prazo de inscrición para apuntarse á Escola Municipal de Surf. Ofértanse 72 prazas para rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2003 e 2011.

Todas aquelas persoas interesadas en apuntar os seus fillos e fillas a esta escola, deberán facelo a través da Sede Electrónica do Concello. Tamén é posible dirixirse persoalmente á Fábrica.

Ante a problemática sanitaria e social derivada dos altos índices de obesidade infantil e xuvenil, o sedentarismo e as dificultades que ás veces atopan os mozos e mozas para practicar deportes de xeito regular, o Concello porá en marcha un novo curso desta escola deportiva que se desenvolverá entre setembro deste ano e maio de 2024. Terá un custo mensual de 15 euros e o Concello achegará a táboa, o traxe de neopreno e unha licra para a actividade.